Moi boas! Eu son Manuel "Léxuam" González e a miña canle é o espazo que utilizo para compartir as miñas análises e reflexións a respecto de distintos temas. A miña área de especialidade son as series de animación estadounidenses, especialmente as series con temática ou personaxes LGTBI+, pero non me limito só a iso: videoxogos, filmes, xogos de mesa... calquera cousa da que eu poida achegar algo. Os meus vídeos son vídeos de tipo análise e videoensaio, xeralmente dalgún aspecto específico dunha determinada obra, pero ás veces tamén de cuestións máis xerais que conectan obras diferentes entre si.
Manuel 'Léxuam' González
Amante da animación, dos xogos, das historias de ficción en xeral e das análises longas e enrevesadas con moitas ganas de falar. Anímaste?